ORIENTACIÓN LABORAL E FORMACIÓN


A formación é unha peza clave na procura de emprego, aumenta o porcentaxe de empregabilidade das persoas. A persoa orientadora laboral revisa o perfil formativo na primeira visita ó servizo, e a partir da formación previa e da experiencia profesional iniciase o proceso de orientación.

Por qué é importante a formación?

A formación acredita coñecementos específicos, e ademais, na actualidade a formación continua é un aliado clave para ter éxito tanto na procura dun novo emprego como na conservación do mesmo.

Recentemente coñecemos os novos datos da epa, que aínda que non moi esperanzadores, vinculan claramente a formación cunha maior taxa de empregabilidade.


                                                    Fonte: pixabay

Qué ter en conta á hora do proceso de orientación?

Cada persoa ten unhas experiencias previas distintas, así podemos atoparnos con persoas que conten con formación universitaria, con formación básica ou incluso sen formación, en todo caso, o vínculo que une a todas é a situación de procura de emprego.

As formacións máis orientadas o emprego son a Formación Profesional, se falamos de formación regrada, e o seu correspondente na formación non regrada, os Certificados de Profesionalidade

Tendo en conta que o normal é que a persoa queira atopar emprego no maior breve prazo posible, cando nos detectamos que podería mellorar a súa empregabilidade a través dunha acción formativa o máis coherente sería presentarlle a posibilidade de facer un Certificado de Profesionalidade, posto que a duración dos cursos sempre é inferior á dos cursos de Formación Profesional.

E que son os Certificados de Profesionalidade?

A definición dos mesmos que atopamos no portal de Emprego da Xunta de Galicia é: Os certificados de profesionalidade son unha forma que pon a disposición a Consellería das persoas traballadoras ou demandantes de emprego para acreditar con carácter oficial as competencias profesionais que as capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral e con eles trátase de proporcionar a aquelas a formación requerida polo sistema produtivo.
 
Os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da administración laboral. Ordenanse en 26 familias profesionais e 3 niveis de cualificación.
 
 Fonte: Incual                                     
 
En xeral, hai moito descoñecemento do que son os Certificados de Profesionalidade así como dos pasos a dar para a súa obtención e das posibilidades a nivel de empregabilidade que aportan, é por iso que a persoa orientadora ten que telos presentes e estar ó tanto da oferta vindeira de cursos dispoñibles, e por suposto dos requisitos de acceso que teñen os distintos niveis.

Outra información de interese

A continuación deixovos un vídeo que expón o que é a Formación Profesional para o Emprego de forma resumida:

 
E se queredes mais información aquí tedes uns enlaces:

Antes de finalizar este artigo quero dar as grazas as administradoras deste blogue Orientación en Femenino por invitarme a participar del con esta publicación, espero que a información sexa do voso interese.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Habilidades Comunicativas en la Búsqueda de Empleo

Herramientas interactivas de ocupaciones